Morriña
Marzo 25, 2008 · 1 Comment
Categories: música
Sempre Rosalía
Marzo 25, 2008 · No Comments
Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non m´ acordo xa s´era aquel cravo
d´ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madalena na Pasión.
-Señor, que todo o podedes,
pedinlle unha vez a Dios,
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición.
E doumo Dios, e arrinqueino;
mais… ¿quen pensara? Despois
xa non soupen que era delor;
soupen só que non sei que me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena… ¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor…!
Categories: poesía